Blog de novidades

Posted by mateito on 16:00


Un grupo de alumnos/as,  que formamos parte do Voluntariado na biblioteca escolar, recolleremos no blog NOVIDADES todos os fondos que cheguen á Biblioteca neste curso.
Démoslle este aspecto porque é unha forma visual de presentar os libros  e porque  inclúe un sistema elemental de busca, con dúas posibilidades:
  • por arquivos (as entradas corresponden ao mes no que se rexistraron os libros)
  • por etiqueta (xénero, autor, tema, etc.)


De momento non hai moito que ver, pero imos intentar completalo de aquí a fin de curso.

NON NOS PERDAS DE VISTA !!!

imaxe de http://www.kleargear.com/